domingo, 23 de noviembre de 2014

Ciencia que conta.

Hola a todos e a todas!
Esta semana presentovos unha nova tarefa. Esta tarefa consistía en modificar un realato curto de entre os gañadores do ano pasado, así mesmo estes relatos tiñan que estar relacionados coa ciencia. Para facela, primeiro descarguei o relatos, despois  cambieille algunhas palabra e púxenlle hiperenlaces, para quenes non o sepan os hiperenlaces e unha maneira de enlazar palabras a páxinas web, é dicir, cando fagas click enriba desa palabra abrirase unha nova lapela e mostrarache a páxina previamente enlazada. Por último, collín unha imaxe realacionada co texto en Pixabay. Parecéume unha tarea moi doada de facer, ademáis de moi interesenta. Aquí deixobos o relato, espero que vos guste!


A COMPLEXIDADE DO SINXELO.

 A última científica pagá do mundo antigo, Hipatia de China, foi unha matemática e unha filósofa que viviu durante a época do Imperio chino en Xianyang . Hipatia era mestra de matemáticas, filosofía e astronomía. Non había problema matemático que se lle resistise, calquera problema que lle formulase algún alumno ela resolvíao case nun abrir e pechar de ollos. A súa vida era a ciencia, vivía por e para os números. Vía a vida, os planetas, os astros e incluso o universo como cousas moi sinxelas. Para ela todos os problemas que se puidesen resolver cunha «sinxela» ecuación matemática eran sinxelos, e digo «sinxela» porque aínda que fose unha ecuación matemática que lle ocupase corenta e cinco fo- llas do seu caderno, para ela seguiría sendo sinxelo. Para Hipatia todo nesta vida era doado. Non lle atopaba complexidade a ningunha cousa. Ás veces sentíase triste, aburrida, baleira  posto que se consideraba capaz de poñerlle solución a todo, absolutamente nada resultaba un problema para ela. Porén, non sabía se rir ou se chorar. Se considerarse a muller máis feliz do mundo ou pola contra a máis infeliz. Meses despois de cumprir os 23 anos, unha mañá fría do mes de decembro, impartíndolles unha clase de matemáticas aos alumnos homes dous anos menores ca ela, sentiu algo moi raro no seu interior, así como bolboretas dentro do seu ventre cando Sinesio da India, un bo alumno seu, lle pediu que repetise o que remataba de explicar porque non o entendera. Quedou perplexa. Non lle saían as palabras. Despois dun intre volveu á realidade e intentou repetir a súa explicación do mellor xeito posible para que Sinesio a entendese. Ao rematar a clase marchou para a casa e pasou o día sen probar bocado. Non deixaba de cavilar no ocorrido aquela mañá, nas bolboretas que sentía no ventre cando Sinesio a miraba fixamente. Aqueles ollos verdes, aqueles cabelos louros e aquel estúpido sorriso que a volvía tola. Todo isto era un problema para ela, nunca sentira esa sensación e iso que pasaba o día rodeada de homes e xamais sentira tal cousa. Nun principio isto non era un problema grave que ela non puidese resolver, así que, como cada vez que tiña que resolver un problema, colleu o seu caderno. Abriu o caderno pola metade, nunha folla en branco, fixo riscos, números, ecuacións matemáticas  Pasou horas diante daquel caderno, arrincou follas, comezou de novo, pero nada… non había maneira de resolver o problema que aparecera na súa vida. Eran as once e media da noite, estaba deitada sobre o seu leito e a súa cabeza non paraba de cavilar. Pasou a noite sen pegar ollo. Á mañá seguinte estaba dispersa nas súas clases e tentaba non mirar fixamente a Sinesio, tentaba facer como se ese alumno non estivese na súa clase. Pasaron os meses, os anos… e Hipatia seguía a buscar unha solución para ese problema que comezara aquela mañá de outubro e que cada día lle resultaba máis complexo. Durante estes anos Hipatia falara con moita xente: filósofos, matemáticos, astrónomos, pxicólogos  para que lle axudasen a buscar unha solución ao seu problema, pero ninguén foi capaz de axudala. Agora vía menos a Sinesio, pois aquel mociño, que agora xa era todo un home, convertérase no señor de Pataliputra. Pero cada vez que se vían ela sentía esas bolboretas no seu interior, as súas meixelas púñanse encarnadas e as palabras saíanlle entre dentes da boca. Os anos seguiron pasando, aparecían as engurras na pel e como nada é eterno un día Hipatia morreu. Morreu ignorando que aquilo ao que ela chamaba problema e ao cal nunca lle atopou solución era o sinxelo pero complexo problema do amor.




miércoles, 19 de noviembre de 2014

Cuñas Radiofónicas

Hola a todos!
Nesta tarea, a miña compañeira Alexandra, máis eu, tivemos que grabar un Podcast sobre a violencia de xénero. Buscamos un diálogo e unha pouca de información e grabamos un audio co móvil. Logo tivemos que aloxar este audio en SoundCloud, e despois aquí, no blog.

Tuit polo bo trato

Hola a todos!
Nesta tarea hemos tido que escribir unha frase como se fose un tuit, de maneira que está ocupe menos de 140 caracteres e engadíndolle o hastag #culleredopolobotrato ó final. Ademaís de isto, tivemos que escribir o noso tuít nunha folla de cálculo compartida do Drive, onde podíamos ver os tuis escollidos polos nosos compañeiros. O meu tuít dicía así:

"A violencia é o último recurso do incompetente" #culleredopolobotrato

Que como ben se ve di, que os que pegan as mulleres non son máis que incompetentes.

Espero que vos guste!

domingo, 16 de noviembre de 2014

Publicación da peza SketchUp

Hola a todos!
En esta tarea que hemos realizado en parejas, mi compañera Alexa y yo, tuvimos que usar el programa SketchUp para recrear una figura en 3D. Este programa, es un programa de diseño gráfico, en el que se pueden representar figuras reales en 3 dimensiones. Este programa suele ser usado por arquitectos e ingenieros para realizar maquetas virtuales por ejemplo. A nosotros nos resulto un poco complicado de utilizar al principio, pero luego de ver un par de tutoriales logramos completar la tarea. Para llevarla a cabo seguimos una serie de pasos:

1. Ángel, nuestro profesor de informática nos asigno una pieza de madera a cada grupo, aquí os dejo la que nos tocó a nosotros:



 2. Luego tuvimos que dibujar en un folio la planta, el alzado y el perfil de nuestra figura:



3. Ya que no sabíamos usar la herramienta de SketchUp, miramos unos cuantos tutoriales en youtube.

4. Por último hicimos la figura en el SkethcUp indicando las acotaciones:

                                                                                                                                                  

Espero que os guste!                                                              

Eu de maior quero ser



Hola a todos!
Esta tarea consistíu en que fixéramos unha presentención en Google Drive co Google Docs, onde tíñamos que dicir os nosos plans respecto o futuro. A verdade é que eu non o tiña claro e o sigo sen ter, porque gústanme varios cousas. A tarea en sí, pareceume unha tarea fácil de realizar e que nos é de axuda, xa que obríganos a pensar no noso futuro, cosa a que non estamos afeitos. Para realizala consultei varias páxinas e cuestionerionarios diferentes, pero non atopei ningún problema.
 Espero que vos guste!